image
Actividade ‘A biodiversidade espontánea’ dirixidas aos Centros Educativos 2018-19
23 Abril, 2019

Ferrovial Servicios, como concesionaria do Servizo de Mantemento, Conservación e Mellora dos Espazos Verdes e Arboredo Urbano do Concello de Santiago de Compostela, realiza unha continua programación de actividades, educación e sensibilización ambiental no CIPX (Centro de Información dos Parques e Xardíns de Compostela).

ACTVIDADE CURSO ESCOLAR 2018/19

A actividade pretende por en valor a importancia dos espazos residuais e a terceira paisaxe na cidade, baixo o título de Espazos non utilizados na cidade: reservas ecolóxicas de fauna, herbas silvestres, musgos e liques | A BIODIVERSIDADE ESPONTÁNEA | Comprendendo a natureza urbana. O obxectivos que se prentenden son:

  • Valorar a importancia dos espazos residuais na cidade, a terceira paisaxe e a natureza espontánea.
  • Coñecer diversas especies autóctonas presentes neste tipo de espazos de fauna, herbas silvestres, musgos ou liques que podemos atopar en Santiago de Compostela.
  • Visualización dos espazos verdes, a natureza espontánea e a biodiversidade, como elementos que están relacionados entre eles.
  • Establecer criterios positivos sobre a natureza autóctona salvaxe e espontánea nas cidades.
  • Concienciar da importancia da acción da natureza no medio fronte á intervención dos seres humanos na creación, xestión e conservación da paisaxe.

PROGRAMA

  • Charla divulgativa: a natureza espontánea en Santiago de Compostela
  • Obradoiro: as áreas de natureza espontánea como refuxio de biodiversidade
  • Actividade (Opción 1): construción dun hotel para insectos
  • Actividade (Opción 2): elaboración de bombas de sementes

+INFO E CONTACTO

661406965   |   981542486

ilopez@ferrovial.com   |   nm.garcia.gomez@ferrovial.com

Facebook   |   Twitter   |   Instagram

biodiversidadeurbana

Ayúdenos a mejorar nuestra traducción de su idioma

Puedes cambiar cualquier texto haciendo click (presiona Enter después de hacer el cambio)