image
Actividade ‘A biodiversidade espontánea’ dirixidas aos Centros Educativos 2019-20
29 Outubro, 2019

Ferrovial Servicios, como concesionaria do Servizo de Mantemento, Conservación e Mellora dos Espazos Verdes e Arboredo Urbano do Concello de Santiago de Compostela, realiza unha continua programación de actividades, educación e sensibilización ambiental no CIPX (Centro de Información dos Parques e Xardíns de Compostela).

biodiversidadeurbana_19-20_2

METODOLOXÍA

Actividade para a posta en valor dos espazos residuais e a terceira paisaxe na cidade, que constitúen importantes refuxios para a biodiversidade xa que acubillan especies vexetais pioneiras de ciclos rápidos, tanto flora natural autóctona como plantas exóticas compatibles co medio. Estes espazos en evolución mostran especies de gran adaptación como son herbas silvestres, os musgos, os liques…

OBXECTIVOS

  • Valorar a importancia dos espazos residuais na cidade, a terceira paisaxe e a natureza espontánea.
  • Coñecer diversas especies autóctonas presentes neste tipo de espazos, como as herbas silvestres, musgos ou liques que podemos atopar no Parque de Belvís.
  • Poñer en valor os espazos verdes, a natureza espontánea e a biodiversidade, como elementos que están relacionados nun mesmo contexto.
  • Establecer criterios positivos sobre a natureza autóctona salvaxe e espontánea nas cidades.
  • Concienciar da importancia da acción da natureza no medio fronte á intervención dos seres humanos na creación, xestión e conservación da paisaxe.

DESTINATARIOS

Alumnado de 2º a 6º de Educación Primaria dos centros educativos do Concello de Santiago.

DATOS TÉCNICOS

  • Actividade gratuíta.
  • Datas de realización: de luns a venres entre as 10:00 e as 13:30 horas, organizándose segundo a demanda e podendo adaptarse segundo as necesidades de cada centro educativo.
  • Forma de traballo: o número de participantes será o do grupo formado pola aula, e deberán ir acompañados, como mínimo, dun membro do persoal docente do centro educativo.
  • Esta actividade inclúe o desprazamento en bus de ida e volta desde o centro educativo até o CIPX.
  • Está contemplado un descanso duns 20 minutos para o recreo e merenda dos participantes. Os alimentos deberán ser traídos polo centro educativo ou o alumnado.

PROGRAMA DIVULGATIVO

  • CHARLA DIVULGATIVA: a natureza espontánea en Santiago de Compostela

Explicarase que é a terceira paisaxe, a natureza espontánea e a importancia das herbas silvestres, os musgos ou os liques neste tipo de espazos. A charla apoiarase coa proxección de imaxes e vídeos adaptados ao nivel de cada grupo de participantes.

  • OBRADOIRO: as áreas de natureza espontánea como refuxio de biodiversidade

Traballo cunha guía de campo para a identificación de especies de herbas silvestres, musgos e liques presentes na contorna do CIPX, e se o clima o permite, realizarase unha saída ao Parque de Belvís para a observación e identificación de especies.

  • ACTIVIDADE PRÁCTICA

O centro deberá escoller, que actividade prefire realizar, entre a opción 1 (Hotel para insectos) ou a opción 2 (Bombas de sementes).

Opción 1: HOTEL PARA INSECTOS

Nesta actividade construirase un hotel para insectos como refuxio da fauna presente nos espazos de natureza espontánea. O hotel estará situado nun punto de fácil acceso, no que os participantes montarán varios elementos nos que se podan acubillar os diversos insectos beneficiosos para os espazos verdes.

veranenbelvis_hotel

Opción 2: BOMBA DE SEMENTES

Obradoiro de elaboración de bombas de sementes ou nendo dango, unha técnica de reforestación a partir de sementes recubertas con barro e arxila. Estas bombas verdes serven como elemento de xénese dos terreos naturais urbanos, e poderán lanzarse nun sector dunha pradaría do Parque de Belvís ou ben levarse para poñer noutros espazos naturais da cidade.

veranenbelvis_bombas

INFORMACIÓN E INSCRICIÓNS

661406965   |   981542486

ilopez@ferrovial.com   |   nm.garcia.gomez@ferrovial.com

Facebook   |   Twitter   |   Instagram

biodiversidadeurbana_19-20

Ayúdenos a mejorar nuestra traducción de su idioma

Puedes cambiar cualquier texto haciendo click (presiona Enter después de hacer el cambio)