Ferrovial Servicios, como concesionaria do Servizo de Mantemento, Conservación e Mellora dos Espazos Verdes e Arboredo Urbano do Concello de Santiago de Compostela, celebara actividades puntuais de educación e sensibilización ambiental dirixida á cidadanía, dentro das propostas incluídas no Plan de Sensibilización Ambiental. Os obxectivos deste plan son dar a coñecer entre os diferentes sectores da poboación, os valores que albergan os espazos verdes da cidade. Isto permite definir a relación entre os usuarios e as zonas verdes públicas, feito este que lles permite cuestionarse criticamente a situación ambiental da súa contorna, conseguindo simultáneamente que se coñezan os espazos verdes e se valoren e desfruten dunha maneira posisitiva.
Os responsables técnicos do servizo realizarán diferentes encontros participativos nos centros cívicos dos barrios da cidade. Os obxectivos que se perseguen son os seguintes:
- Promover a información, a concienciación e a sensibilización da poboación sobre a importancia e os beneficios das zonas verdes e o arboredo urbano na cidade.
- Divulgar a xestión sostible do servizo e explicacións das tipoloxías de mantemento dos espazos verdes, podas do arboredo e do manexo da auga de rega.
- Mellorar o coñecemento do espazo verde público dos barrios entre a veciñanza.
- Dar a coñecer as infraestruturas, elementos e aplicacións asociados ao servizo: páxina web colaborativa, CIPX (Centro de Información dos Parques e Xardíns), rutas guiadas polas zonas verdes, Hortas Urbanas de Compostela, Plan Director das Zonas Verdes e Espazos Públicos…
