O CIPX (Centro de Interpretación dos Parques e Xardíns) realizou, durante o curso escolar 2016-17, unhas 54 actividades de sensibilización ambiental nas zonas verdes de Santiago de Compostela. Participaron 1.384 alumnos de 15 centros educativos diferentes, que comprendían case todas as idades, posto que os participantes cursaban dende educación infantil até educación para adultos.
Estas actividades consistiron en visitas guiadas a diferentes parques, xardíns e zonas verdes da cidade, comentando aspectos relacionados co medio ambiente, o seu valor e a importancia da súa conservación.