image
cultRural
16 Decembro, 2017

O sábado 16 de decembro de 2017 participamos nas xornadas de cultRural co reparto de sementes de tomate negro de Santiago e a visita ás hortas urbanas municipais de Santiago de Compostela.

Do 12 ao 19 de decembro, Santiago reivindicou a súa esencia e identidade rural e analizou as novas propostas dirixidas a dinamizar este ámbito tan importante do municipio dentro do marco do proxecto cultRural. O obxectivo é que Compostela sexa durante esa semana a capital da cultura rural, ao tempo que se convirte en sede do IV Festival Internacional de Cine Rural de Galicia Carlos Velo.

A maior parte da extensión do termo municipal de Santiago é de zona rural, con 20.000 composteláns que viven nas parroquias. Por este condicionante e máis polo seu pasado recente de actividade agrícola e gandeira, Compostela ten que poñerse á fronte das iniciativas pioneiras que supoñan novas oportunidades para a conservación e integración da biodiversidade, e permitan facer unha relectura contemporánea do ámbito rural. Trátase, ademais, de recompilar os proxectos e as boas prácticas xa en marcha noutros puntos de Galicia e do Estado, e que poidan ser de aplicación en Santiago.

Ayúdenos a mejorar nuestra traducción de su idioma

Puedes cambiar cualquier texto haciendo click (presiona Enter después de hacer el cambio)