O Centro de Interpretación dos Parques e Xardíns de Compostela (CIPX), en colaboración co Departamento de Parques e Xardíns do Concello de Santiago de Compostela e Ferrovial Servicios, realizará neste novo curso escolar diferentes actividades de sensibilización medioambiental.
Do mesmo xeito que en anos anteriores, realizaranse diferentes eventos relacionados coa sensibilización ambiental, destinados tanto para os cidadáns en xeral, como para os estudantes dos diferentes Centros Educativos do municipio. Dentro das actividades formativas para Centros Educativos programadas para este curso 2018/19, destacan as visitas guiadas ás zonas verdes da cidade, comentando aspectos destacados dos diferentes parques, xardíns e zonas verdes, coa finalidade de mellorar o seu coñecemento entre a cidadanía, sensibilizar sobre o seu valor e a importancia da súa conservación.
Os itinerarios propostos percorren espazos verdes da cidade onde salientan diferentes aspectos como:
– Natureza urbana e biodiversidade
– Lugares de interese ambiental
– A importancia dos ríos e a auga potable nas poboacións
– Xardíns históricos