image
CURSO 2019/2020: Actividades para Centros Educativos
10 Setembro, 2019

Neste novo curso académico 2019-2020, o Centro de Información Municipal de Parques e Xardíns (CIPX) do parque de Belvís, en colaboración co Departamento de Parques e Xardíns do Concello de Santiago de Compostela e Ferrovial Servicios, continúa a desenvolver o seu programa de sensibilización ambiental cunha oferta de actividades para os centros educativos composteláns.

Continuamos coas actividades nas zonas verdes da cidade, con roteiros guiados que tanto éxito teñen ano tras ano, xa que axudan a mellorar o coñecemento ca contorna natural entre o alumnado, e así sensibilizar sobre o seu valor e a importancia da súa conservación.

Tamén ofertamos, para os alumnos de primaria, uns obradoiros a realizar no CIPX de Belvís, dende as dez até a unha e media, e que contan co desprazamento incluído. Nestes obradoiros, que xa comezamos a realizar na pasada primavera, trataremos o tema da biodiversidade espontánea como reduto de biodiversidade urbana.

Para máis información ou realizar unha inscrición nas actividades, pódese contactar:

– Por correo electrónico: ilopez@gmail.com

– Por teléfono: 661 40 69 65

Ayúdenos a mejorar nuestra traducción de su idioma

Puedes cambiar cualquier texto haciendo click (presiona Enter después de hacer el cambio)