Curso de Iniciación á horta ecolóxica
7 Marzo, 2024

Curso de Iniciación á horta ecolóxica
Impartido por Enrique Banet
5 de Abril | 16:15 – 20:30.
CIPX (Centro de Información dos Parques e Xardíns) do Parque de Belvís
Contidos:
- Empezaremos por analizar a terra na que nos dispoñemos a traballar, de xeito que poidamos aportar o que sexa preciso para empezar a cultivala.
- Como funciona a natureza, como se alimenta a planta, a fixación do carbono, mineralización, microorganismos…
- Preparación de bancais, orientación e captación da auga.
- Plantación, asociación e rotacións.
Prazas limitadas. Gratuíto.