O Concello de Santiago de Compostela organizou unha serie de actividades co gallo da celebración do Día Internacional dos Bosques, nas que colaborou Ferrovial Servicios, xunto con outras entidades como centros socioculturais, o CIAC (Centro de Interpretación Ambiental de Compostela) e o Museo de Historia Natural.
Dentro do programa de actividades, celébrase o 21 de marzo o Día Internacional dos Bosques, que coincide coa chegada da primavera, e que ten por obxecto lembrar a importancia das árbores e dos bosques. Co motivo desta celebración, levouse a cabo a plantación de árbores, arbustos e froiteiras en diferentes centros de ensino de Santiago de Compostela. A xornada consistiu na plantación de árbores nos propios centros de ensino ou nas zonas verdes anexas a estes. O subministro do arboredo, substratos, titores, ferramentas, así como a realización do buraco de plantación, foi realizado polo persoal do servizo de mantemento de parques e xardíns. No momento da plantación, monitores medioambientais acompañaron aos alumnos explicándolle a importancia das árbores e da natureza na nosa contorna.
As especies seleccionadas para a plantación foron carballos, abeleiras, loureiros, acivros, freixos, capudres, cerquiños, framboeseiros, groselleiras, maceiras, pereiras e cerdeiras. Este arboredo plantado trátase de especies autóctonas de crecemento non agresivo, que contribuirán á mellora das instalacións dos centros educativos e a súa contorna.
http://www.santiagodecompostela.gal/hoxe/nova.php?lg=gal&id_nova=15739