Educación ambiental e cultura da sustentabilidade
20 Abril, 2017
O CIPX (Centro de Interpretación dos Parques e Xardíns) albergou unha xornada de Educación ambiental e Cultura da Sustentabilidade, organizada pola USC (Universidade de Santiago de Compostela).
Esta actividade tivo como destino ao alumnado dos graos en Pedagoxía e Educación Social da USC, e consistiu nunha visita guiada ás hortas urbanas municipais do Parque de Belvís xunto coa proxección dunha reportaxe sobre a dimensión social destas, ademais dunha visita ao CIAC (Centro de Interpretación Ambiental de Compostela).