image
Exposición permanente: Xardíns de Compostela
1 Setembro, 2016

O CIPX (Centro de Interpretación dos Parques e Xardíns) ofrece aos visitantes, na súa sala de exposición permanente, paneis explicativos sobre os parques e xardíns de Compostela. Esta mostra proporciona información sobre as zonas verdes da cidade, na que se pode apreciar a integración da natureza no hábitat urbano e rural  por medio de diferentes manifestacións do patrimonio natural: hortas, sendeiros, parques, bosques, ríos, humidais ou paseos.

 

Ao longo da súa historia, a trama urbana da cidade de Santiago configúrase en torno ás casas, ás hortas e aos agros, tanto dentro como fóra da muralla, polo que os espazos verdes están moi presentes no urbanismo compostelán, feito este que tamén sucede en moitos xardíns que atopamos en pobos e cidades galegas vinculadas ao Camiño de Santiago.

 

O material expositivos foi elaborado polo IBADER (Instituto de Biodiversidade Agraria e Desenvolvemento Rural), e enmárcase no conxunto de accións incluídas no convenio de Colaboración entre a USC (Universidade de Santiago de Compostela) e Ferrovial Servicios para o desenvolvemento do Plan de Sensibilización Ambiental das zonas verdes da cidade de Santiago de Compostela.

Ayúdenos a mejorar nuestra traducción de su idioma

Puedes cambiar cualquier texto haciendo click (presiona Enter después de hacer el cambio)