O CIPX de Belvís acolle unha exposición sobre o lobo entre os meses de xullo e outubro de 2017.
Esta mostra denomínase «Lobo: vida salvaxe e mundo rural» e inaugurouse cunha charla sobre a «Coexistencia do lobo e o mundo rural», impartida por Carlos Sanz, biólogo especializado no lobo ibérico (Canis lupus signatus) e responsable do mantemento e manexo dos lobos no Centro do Lobo Ibérico de Castela e León.
«Lobo: vida salvaxe e mundo rural» é un proxecto de cooperación interterritorial e transnacional onde once Grupos de Acción Local (GAL) de Asturias, Castela e León e Galicia, xunto con outros GALs situados en Estonia, Portugal e Romanía. Estes grupos tratan de levar a cabo un labor de concertación ambiental, económica e social entre axentes e colectivos implicados na problemática sobre a coexistencia entre a vida salvaxe e a agroganadería.
Esta exposición é didáctica e divulgativa; está integrada por diferentes elementos como son:
– Mostra gráfica formada por paneis informativos, educativos e de sensibilización, nos que se explican diferentes aspectos relacionados co lobo e as iniciativas propostas para integrar a xestión do lobo e o medio rural.
– Mostra de obxectos etnográficos e biolóxicos relacionados co lobo e coa gandería.
– Proxección do documental «Coexistencia do lobo e o mundo rural» de quince minutos de duración.
Esta exposición pode ser visitada durante o horario de apertura do CIPX por todas aquelas persoas que o desexen, así como os Centros Educativos para os que haberá unha adaptación dos contidos ao nivel educativo especifico de cada aula.
A exposición permanecerá no CIPX dende o 11 de xullo ao 31 de outubro do 2017, en horario de 9:00 am até 14:00 pm.
Web: www.wolf-project.com