Ferrovial Servicios, en colaboración co IBADER (Instituto de Biodiversidade Agraria e Desenvolvemento Rural) e o Concello de Santiago, organizaron a exposición temporal Reservas da Biosfera. A exposición permaneceu aberta ao público entre o 15 de xullo e o 15 de setembro do 2016 no CIPX (Centro de Interpretación dos Parques e Xardíns).
Na mesma expuxéronse paneis relacionados co funcionamento e importancia da Rede de Reservas da Biosfera, enfocados a nivel mundial, estatal e galego. Un segundo conxunto de paneis mostraban información relacionada cos valores das Reservas da Biosfera en Galicia: Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo (A Coruña), Terras do Miño (Lugo) e Ancares Lucenses (Lugo).
Os paneis expostos foron cedidos polo Servizo de Medio Ambiente da Deputación de Lugo e a pola Asociación de Desenvolvemento Rural Mariñas-Betanzos.