image
Foro STO: Santiago Turismo Ordenado
29 Setembro, 2016

A Concellería de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo do Concello de Santiago de Compostela organizou, no CIPX (Centro de Interpretación dos Parques e Xardíns), o foro de debate e participación STO: Santiago Turismo Ordenado (Repensando a relación entre o Turismo e a Cidade), orientado a coñecer de forma plural a opinión existente sobre o fenómeno turístico da cidade.

 

Este foro convocouse como punto de inicio para a revisión do Plan Estratéxico de Turismo 2009-2015, polo que o obxectivo principal foi o de sentar as bases para unha actualización sostible e consensuada de dito plan. Para isto, contouse cunha mesa de debate na que participan representantes do sector turístico, veciños, así como diferentes sectores económicos, da administración ou do ámbito relixioso.

PÁXINA WEB:

http://www.santiagoturismoordenado.gal/

 

NOVA DO EVENTO:

http://www.santiagodecompostela.gal/hoxe/nova.php?id_nova=15057&lg=gal

Ayúdenos a mejorar nuestra traducción de su idioma

Puedes cambiar cualquier texto haciendo click (presiona Enter después de hacer el cambio)