PreZero, como concesionaria do Servizo de Mantemento, Conservación e Mellora dos Espazos Verdes e do Arboredo do Concello de Santiago, ofertou unha proposta de accións de sensibilización ambiental, co obxectivo de contribuír á concienciación do cidadá polo respecto ás zonas verdes e os beneficios que aporta a xestión sostible destas. Realizarase unha continua programación de actividades, educación e sensibilización ambiental no CIPX (Centro de Información dos Parques e Xardíns de Compostela) localizado no Parque de Belvís.
OBRADOIRO PARA A PREPARACIÓN DAS HORTAS ESCOLARES
Actividade dirixida ao alumnado de educación primaria dos centros educativos da cidade, impartido por educadores ambientais do Servizo de Mantemento, Conservación e Mellora dos Espazos Verdes e Arboredo do Concello de Santiago. Baixo o título HORTA NA ESCOLA, neste obradoiro afondarase na preparación das hortas escolares.
O obradoiro desenvolverase desde o 1 de febreiro até fin de curso, cunha duración da actividade será dunha hora e media entre a franxa das 10:00 e as 13:30 horas, podendo elixir o centro escolar se quere realizar a actividade na propia escola ou desprazarse ao CIPX (Centro de Información dos Parques e Xardíns de Compostela) localizado no Parque de Belvís.
Trataranse aspectos relativos á súa plantación, cultivos segundo a época do ano ou o mantemento destas. Tamén se aprenderá a preparar a terra para mellorar o crecemento das hortalizas, realizar correctamente a plantación ou a sementeira, os mellores xeitos de rega, mellorar o abonado e as diferentes labores de mantemento dos cultivos, tales como podar, entitorar ou aporcar. Ademais de aprender a plantar os teus propios cultivos, empregaranse materiais reciclados e reutilizados.
Realizarase unha breve explicación inicial e posteriormente procederase á plantación da horta escolar ou dunha xardineira. Os cultivos que se empregarán serán os máis indicados para a época de plantación, adquiridos no comercio local a produtores da comarca e daráselle prioridade ás variedades locais, contribuíndo a salvagardar o noso patrimonio agrícola.