image
Horta na túa casa
27 Marzo, 2023

PreZero, como concesionaria do Servizo de Mantemento, Conservación e Mellora dos Espazos Verdes e do Arboredo do Concello de Santiago, no seu programa de sensibilización ambiental, imparte unha xornada de hora e media de duración sobre horticultura en casa, para aprender a cultivar hortalizas nas terrazas e balcóns da nosa casa.

cipx_21_22

OBRADOIRO DE HORTICULTURA CREATIVA EN ESPAZOS PEQUENOS

Prográmase unha actividade dirixida ao público xeral, impartido por educadores ambientais, de hora e media de duración en total. Realízase nunha soa xornada.

As actividades serán impartidas no parque de Belvís, dentro do Centro de Interpretación de Parques e Xardíns (CIPX).

Para realizar a inscrición deberá escoller un día concreto, venres ou sábado, para apuntarse. Os días de realización desta actividade son os venres pola tarde (de 17:00 a 18:30) ou os sábados pola mañá (de 11:30 a 13:00), desde o 14 de abril até o 30 de xuño, ambos incluídos.

INSCRICIÓNS:

Por teléfono:  Irene López – 661406965

Por correo electrónico: ilopez@prezero.es

Indique os seus datos de contacto, a data elixida para realizar o taller de horticultura e o número de persoas participantes (no caso en que desexe vir en compañía de máis xente).

Os menores de idade poden participar no obradoiro acompañados dun adulto.

horta

Non é preciso contar cun gran terreo para poder cultivar os teus propios alimentos. Plantar hortalizas na terraza, balcón ou nas xanelas é moi doado e permitirache comer de xeito máis saudable e con mellor sabor. Só serán necesarias unhas pequenas nocións de horticultura para lograr a túa colleita.

Ademais, poderás reaproveitar os teus residuos de materia orgánica como abono, empregar a auga de choiva para regar, e coa presenza das plantas contrarrestas a contaminación atmosférica. O teu fogar será un lugar máis agradable e saudable.

A reciclaxe permitirá reutilizar moitos materiais como contedores e soportes das plantas, polo que podes reducir residuos de envases descartados cun pouco de creatividade, reducindo a túa pegada ecolóxica no planeta.

Durante a actividade, practicaranse diversas técnicas para o cultivo en testos, xardineiras e diferentes recipientes, que elaboraremos con caixas de madeira e outros envases e que despois poderás levar para casa para seguir coidando das túas plantas.

Aprenderás a preparar a terra para mellorar o crecemento das hortalizas, realizar correctamente a plantación ou a sementeira, os mellores modos de rega, mellorar o abonado e as diferentes labores de mantemento dos cultivos, tales como podar, entitorar, aporcar,…

Tamén cultivaremos unha xardineira de maior tamaño entre todas as persoas que veñan ao obradoiro, coa que aprender sobre os marcos de cultivo, a asociación e a rotación de hortalizas, a planificación da horta…

Os cultivos que empregaremos serán os máis indicados para a época de plantación, adquiridos no comercio local a produtores da comarca e daráselle prioridade ás variedades locais, contribuíndo a salvagardar o noso patrimonio agrícola.

cartel_horta

INSCRICIÓNS

ilopez@prezero.es      661406965

+INFO

Actividade gratuíta organizada polo Departamento de Parques e Xardíns do Concello de Santiago e xestionada por PreZero, concesionaria do Servizo de Mantemento, Conservación e Mellora dos Espazos Verdes e do Arboredo.

Facebook   |   Twitter   |   Instagram

Ayúdenos a mejorar nuestra traducción de su idioma

Puedes cambiar cualquier texto haciendo click (presiona Enter después de hacer el cambio)