Existen 295 hortas urbanas municipais a disposición da veciñanza, neste proxecto de sensibilización ambiental do Concello de Santiago de Compostela iniciado en 2008.

As hortas urbanas son terreos públicos que o Concello de Santiago cede aos cidadáns, para ser usados como parcela hortícola durante un período máximo de catro anos. A súa normativa está recollida na Ordenanza reguladora do uso de hortas municipais.

A Xunta de Goberno Local é a encargada de realizar as convocatorias de solicitudes. Para poder optar a ser titular destes terreos hai que estar de alta no Padrón Municipal do Concello de Santiago, e só outórgase unha horta por núcleo familiar, formado por aquelas persoas empadroadas no mesmo domicilio. Entre todas as solicitudes válidas recibidas, repártense as parcelas dispoñibles, quedando aquelas persoas que non resultaron benediciadas dentro da listaxe de agarda oficial.

Os titulares teñen dereito a cultivar a parcela. O Concello proporciona a terra e a auga para a súa rega; calquera outro material ou gasto derivado do cultivo da horta vai por conta do titular. Comprometeranse a manter a horta en bo estado de cultivo durante todo o tempo que dure a adxudicación de uso da horta. No caso de non poder cultivala, deberán renunciar ao seu uso, quedando a horta dispoñible para as persoas da listaxe de agarda, que continuarán coa concesión anterior nas mesmas condicións que o titular.

HORTA PARCELAS CREACIÓN LISTA DE AGARDA ADXUDICACIÓN SITUACIÓN
BELVÍS DE ARRIBA 30 2008 55 7.10.2016 En proceso de nova adxudicación
BELVÍS DE ABAIXO 27 2010 55 7.10.2019 Vixente ata 10.2023
COTAREDO (Fontiñas) 39 2012 37 7.07.2017 En proceso de nova adxudicación
ALMÁCIGA 32 2016 54 3.06.2016 En proceso de nova adxudicación
CARAMONIÑA 21 2016 40 3.06.2016 En proceso de nova adxudicación
BRAÑAS DO SAR (Pontepedriña) 54 2016 75 26.12.2022 Vixente ata 12.2026
CAMPO DAS HORTAS 54 2019 36 7.10.2019 Vixente ata 10.2023
SANTA MARTA 38 2019 45 16.09.2019 Vixente ata 9.2023

                                                                                                        Listaxe actualizada o día 29.09.2023

Aquelas persoas interesadas en participar no proxecto das hortas municipais do Concello de Santiago de Compostela poden presentar a súa candidatura fóra de prazo, pasando directamente a formar parte da lista de agarda, respectando a orde de presentación e precedencia que establece a Ordenanza.

Para que unha persoa poda ser incluída nesta listaxe deberá remitir a súa solicitude por algún dos seguintes medios:

           OPCIÓN 1. CENTRO DE INTERPRETACIÓN DE PARQUES E XARDÍNS (CIPX)

Descargue, imprima e cubra cos seus datos datos persoais a Solicitude de información e listaxe de agarda

Pode presentala no CIPX persoalmente ou ben por medio dunha persoa que a represente.

            OPCIÓN 2. FORMULARIO ONLINE DE SOLICITUDE

Siga os pasos que lle vai indicando o noso formulario para presentar a súa solicitude. Ten a ligazón AQUÍ

           OPCIÓN 3. CORREO ELECTRÓNICO

Envíe a Solicitude de información e listaxe de agarda debidamente cuberta a ilopez@prezero.es

Ayúdenos a mejorar nuestra traducción de su idioma

Puedes cambiar cualquier texto haciendo click (presiona Enter después de hacer el cambio)