Ferrovial Servicios, como concesionaria do Servizo de Mantemento, Conservación e Mellora dos Espazos Verdes e Arboredo Urbano do Concello de Santiago de Compostela, celebara actividades puntuais de educación e sensibilización ambiental dirixida á cidadanía, dentro das propostas incluídas no Plan de Sensibilización Ambiental. Os obxectivos deste plan son dar a coñecer entre os diferentes sectores da poboación, os valores que albergan os espazos verdes da cidade. Isto permite definir a relación entre os usuarios e as zonas verdes públicas, feito este que lles permite cuestionarse criticamente a situación ambiental da súa contorna, conseguindo simultáneamente que se coñezan os espazos verdes e se valoren e desfruten dunha maneira posisitiva.
Dentro da campaña de divulgación da poda e dos beneficios do arboredo urbano, nas rúas onde o equipo de poda está realizando traballos no arboredo, instalarase un panel onde se explica os obxectivos da poda, os beneficios das árbores e a importancia de ter árbores grandes de moitas especies diversas, para deste xeito aumentar a biodiversidade.

En árbores que van ser eliminadas porque comportan un perigo ou están secas/enfermas, colocarase un cartel indicando o motivo da súa eliminación e que será substituída por outra.


