image
Campaña de divulgación do mantemento ecolóxico
8 Novembro, 2018

Ferrovial Servicios, como concesionaria do Servizo de Mantemento, Conservación e Mellora dos Espazos Verdes e Arboredo Urbano do Concello de Santiago de Compostela, celebara actividades puntuais de educación e sensibilización ambiental dirixida á cidadanía, dentro das propostas incluídas no Plan de Sensibilización Ambiental. Os obxectivos deste plan son dar a coñecer entre os diferentes sectores da poboación, os valores que albergan os espazos verdes da cidade. Isto permite definir a relación entre os usuarios e as zonas verdes públicas, feito este que lles permite cuestionarse criticamente a situación ambiental da súa contorna, conseguindo simultáneamente que se coñezan os espazos verdes e se valoren e desfruten dunha maneira posisitiva.

Dentro da campaña de divulgación do mantemento ecolóxico, instalaranse carteis en zonas moi concretas dos espazos verdes da cidade, divulgando o mantemento ecolóxico que favorece a mellora da biodiversidade na cidade. Deseñáronse 7 tipoloxías de carteis segundo o mantemento que se realiza:

  • Naturalización de pradarías e noiros.
  • Sega diferenciada en función do uso.
  • Conservación de madeira morta e deixar en pé algunhas árbores secas.
  • Non recoller toda a folla, reciclala in situ e deixar zonas con folla como refuxio.
  • Arbustos de porte natural, para favorecer o refuxio e nidifación da fauna.
  • Xestión da auga da rega: que regamos e como regamos.
  • Vexetación na base das árbores.

Ayúdenos a mejorar nuestra traducción de su idioma

Puedes cambiar cualquier texto haciendo click (presiona Enter después de hacer el cambio)