Plan de plantacións de planta de tempada Outono-Inverno 2016-17
16 Xaneiro, 2017
Ferrovial Servicios, como concesionaria do Servizo de Mantemento, Conservación e Mellora dos Espazos Verdes e Arboredo Urbano do Concello de Santiago de Compostela, executou o Plan de Plantacións de Planta de Tempada de Outono-Inverno 2016-17. Deste xeito, plantáronse 71.913 unidades, entre violas, pensamentos, crisantemos, coles ornamentais, cáncaros e unha gran variedade de bulbos (narcisos, tulipáns, xacintos, xacintos dos bosques ou xacintos das uvas).