Plan de plantacións de planta de tempada Outono-Inverno 2017-18
20 Marzo, 2018
Ferrovial Servicios, como concesionaria do Servizo de Mantemento, Conservación e Mellora dos Espazos Verdes e Arboredo Urbano do Concello de Santiago de Compostela, executou o Plan de Plantacións de Planta de Tempada de Outono-Inverno 2017-18. Deste xeito plantáronse 75.471 unidades, entre violas, pensamentos, ciclames, herbas becerras, coles ornamentais, cáncaros e unha gran variedade de bulbos (allos, narcisos, tulipáns, xacintos, xacintos dos bosques ou xacintos das uvas).