Ferrovial Servicios, como concesionaria do Servizo de Mantemento, Conservación e Mellora dos Espazos Verdes e Arboredo Urbano do Concello de Santiago de Compostela, executou o Plan de Reposición de Arboredo en Alcorque para o ano 2017. Deste xeito, plantáronse 164 árbores en alcorques baleiros e/ou marras, 40 repostas por falta de estética ou baixa calidade do arboredo existente e 19 por substitución de Robinia pseudoacacia (especie invasora).
O obxectivo é a mellora da calidade estética e biolóxica do arboredo viario, ao mesmo tempo que se reducen os custes de mantemento ao propor plantacións reflexionadas, con especies axeitadas aos requirimentos ambientais e ao espazo aéreo e radicular dispoñibles.
Nos anos 2015 e 2016, plantáronse 481 e 107 árbores novas en alcorque respectivamente, dentro do Plan de Reposición de Arboredo en Alcorque.