image
Actividade ‘O cambio climático’ dirixida aos Centros Educativos 2023
10 Marzo, 2023

PreZero, como concesionaria do Servizo de Mantemento, Conservación e Mellora dos Espazos Verdes e do Arboredo do Concello de Santiago, ofertou unha proposta de accións de sensibilización ambiental, co obxectivo de contribuír á concienciación do cidadá polo respecto ás zonas verdes e os beneficios que aporta a xestión sostible destas. Para isto, realizarase unha continua programación de actividades, educación e sensibilización ambiental no CIPX (Centro de Información dos Parques e Xardíns de Compostela) localizado no Parque de Belvís.

cipx_21_22

Prográmase unha actividade dirixida aos/ás alumnos/alumnas de primaria dos centros educativos da cidade, impartido por educadores ambientais do Servizo de Mantemento, Conservación e Mellora dos Espazos Verdes e Arboredo do Concello de Santiago, con grupos de 25 alumnos/as máximo. Inclúese o servizo gratuíto de transporte en autobús desde o centro educativo ao CIPX, así como o regreso.

O programa de actividades dará comezo o luns 10 de abril, cunha duración de 3,5 horas, desde as 10:00 até as 13:30 (incluíndo un descanso para o almorzo) e estrutúrase do seguinte xeito:

– Exposición “Emerxencia climática: feitos e datos”
– Obradoiros interiores: erosión do chan, cultivo sen terra e a fotosíntese
– Obradoiro exterior

cartel_cambio_climatico

EXPOSICIÓN “EMERXENCIA CLIMÁTICA: FEITOS E DATOS”

A actividade dará comezo cunha charla divulgativa sobre o cambio climático, que se apoia en paneis de gran formato, imaxes e vídeos, adaptados ao nivel de cada grupo de participantes.

A exposición está enfocada desde a educación ambiental e baseándose en información científica contrastada, pretendendo proporcionar os fundamentos básicos que argumentan a crise climática que vivimos.

O obxectivo é achegar aos escolares os aspectos básicos relacionados con este problema ambiental global, para favorecer a súa comprensión, xerar procesos de reflexión, e conseguir comportamentos dirixidos á acción para a mitigación e adaptación. A emerxencia climática interpélanos a todos e todas e hai razóns para a esperanza.

exposicion_cambio_climatico_ceida

OBRADOIRO INTERIOR: EROSIÓN DO CHAN

Analizaremos como inflúe a presenza dunha cuberta vexetal no terreo, importante á hora de repoboar zonas afectadas por incendios forestais, ver o impactos dos cultivos ou, simplemente, para a planificación dos espazos naturais.

Co obxectivo de analizar como inflúe a presenza desta cuberta vexetal no terreo, realizarase unha simulación (usando botellas de auga) do que ocorre en caso de choiva en tres mostras diferentes de solo; co terreo totalmente nu, co terreo cuberto con follaxe e co terreo cunha cuberta vexetal. Observaremos o líquido recollido de cada unha das tres botellas e analizarase os resultados obtidos.

erosion_solo

OBRADOIRO INTERIOR: CULTIVO SEN TERRA

Demostraremos que non é imprescindible dispoñer de solo para o cultivo dos nosos propios alimentos. Comer unha ensalada de leituga e tomate vivindo nunha nave espacial pode non ser de todo ciencia ficción!

Usaremos material reciclado (botellas, vasos…) aos que engadiremos un substrato estéril, e así confirmar que é posible cultivar vexetais en terreos sen solo.

sen_terra

OBRADOIRO INTERIOR: A FOTOSÍNTESE

Con esta actividade pretendemos “visualizar” o proceso da fotosíntese. Un xeito práctico de entender coma na fotosíntese se xera osíxeno e a necesidade de contar con luz para que o proceso teña lugar.

Usaremos recipientes con auga aos que lle engadimos bicarbonato de sodio e introduciremos follas de plantas para ver como ocorre a fotosíntese.

fotosintese

OBRADOIRO EXTERIOR

No interior dun invernadoiro situado no Parque de Belvís, procederase á medición de parámetros e variables climáticas (temperatura, auga de choiva, vento, dióxido de carbono…), para así observar as diferenzas que existen no interior e exterior, relacionando ditas medicións cos efectos que está producindo o cambio climático.

Observaremos a evolución do clima ao longo do tempo e estableceremos relacións con outros parámetros (por exemplo, coa presenza de gases de efecto invernadoiro). De feito, durante o confinamento, observouse como a redución drástica da actividade humana (o transporte e da industria) favoreceu a redución da presenza de dióxido de carbono na atmosfera.

invernadoiro

INSCRICIÓNS

nm.garcia.gomez@prezero.es     |    981542486

+INFO

Actividade gratuíta organizada polo Departamento de Parques e Xardíns do Concello de Santiago e xestionada por PreZero, concesionaria do Servizo de Mantemento, Conservación e Mellora dos Espazos Verdes e do Arboredo.

Facebook   |   Twitter   |   Instagram

Ayúdenos a mejorar nuestra traducción de su idioma

Puedes cambiar cualquier texto haciendo click (presiona Enter después de hacer el cambio)