image
VIVE O VERÁN 2017: Obradoiros Temáticos no Parque de Belvís
30 Xuño, 2017

Durante os meses de xullo e agosto de 2017, o CIPX (Centro de Información dos Parques e Xardíns) organizou semanalmente obradoiros temáticos na contorna do Parque de Belvís. Trátanse de dous obradoiros interactivos centrados en dúas temáticas: as aves urbanas e a botánica.

No caso do obradoiro de aves, introduciuse aos participantes nas principais características das mesmas, aprendendo cales son os caracteres que permiten diferencialas. Á súa vez, e a través dunha ruta polo Parque de Belvís, realizaronse observacións e identificacións das aves propias das zonas verdes e os seus costumes.

O obradoiro botánico pretendeu introducir aos participantes no mundo da botánica, aprendendo a diferenciar e observar as diferentes partes da anatomía das plantas. Así mesmo, e a través dun percorrido polo Parque de Belvís, os participantes poideronn observar estas partes e como axudan a diferenciar as principais especies de árbores, arbustos e herbáceas que se desenvolven en Belvís.

Os obradoiros guiados realizaronse unha vez á semana, alternado as temáticas, os mércores de 10:30 a 13:30.

Ayúdenos a mejorar nuestra traducción de su idioma

Puedes cambiar cualquier texto haciendo click (presiona Enter después de hacer el cambio)