O CIPX (Centro de Interpretación dos Parques e Xardíns) celebrou a beleza do outono cunha decoración especial, consistentes na ornamentación do espazo con ramallos de cereais: avea, centeo ou trigo, ademais da creación dun espazo plantado con cultivos de cogomelo ostra (Pleurotus ostreatus), cogomelo ostra amarelo (Pleurotus citrinopile), brións e fentos (Nephrolepis). As proxeccións multimedia tamén estaban relacionadas co outono e o mundo dos cogomelos.
Ademais, durante mes de novembro do 2016, o CIPX levou a cabo un amplo programa de actividades organizadas por Ferrovial Servicios, en colaboración co IBADER (Instituto de Biodiversidade Agraria e Desenvolvemento Rural) e o Concello de Santiago, consistente nunha saída e charla micolóxica, así como a realización de varios obradoiros infantís arredor do mundo dos cogomelos.