mainimg
Código: AL038
-
Patrimonio
Localización

Zona verde

Parque da Alameda

Barrio

Cidade histórica

Parroquia

San Fructuoso

Información

Tipoloxía

Estatua

Cronoloxía

1930/1962

Autor

Fernando García Blanco (sobre un modelo de Gabriel Xosé Eiroa Barral dos anos 1930)

Historia

A tradición pon nome á persoa que inspirou esta peza: Aurora Liste Froján, leiteira de Calo. Muller loitadora e de firmes conviccións toda a súa vida, pertenceu a unha familia de sinalada militancia esquerdista; dous dos seus irmáns foron asasinados pola represión golpista en 1936, sendo outro deles o famoso xeneral Enrique Líster. Por este motivo, nos tempos que sucederon ao inicio da Guerra Civil, Aurora foi acosada para que delatase aos fuxidos da zona aínda que desenvolveu un importante esforzo de apoio a presos e represaliados. Mantivo o compromiso político sempre, chegando a ser candidata ás Cortes Xerais en 1982.

Aurora, como moitas outras mulleres da comarca de Santiago, fornecía de leite ás casas da cidade. Cada día un exército de mulleres chegaba á cidade no tren, nos autobuses ou a pé para traer o leite dos almorzos e sobremesas.

A súa tenacidade e forza é a que o artista quixo reflectir e homenaxear nesta obra.

Descrición

Esta peza que respira forza e determinación é froito do traballo de dous escultores en dous momentos distintos. Gabriel José Eiroa (1892-1935) é o autor do deseño inicial que quedou plasmado nun modelo de escaiola que non chegou a reproducirse en pedra. Fernando García Blanco (1939-2008) -alumno de Asorey e coñecido como o artista de Bonaval por ter alí o seu estudio- retomaría esa idea para dar forma á homenaxe que a cidade quería facer ás leiteiras.

O resultado é unha escultura enormemente expresiva, que atende á esencia destas mulleres -que é a do pobo-; as súas formas sinxelas pero rotundas transmiten a determinación e tenacidade deste colectivo. A leiteira vai vestida co traxe tradicional e leva con ela os dous elementos que simbolizan o oficio: a cántara de leite e o cuartillo para transvasalo.

Outras obras de Fernando García Blanco nos parques de Santiago son o Monumento á Tuna no Campus Universitario Sur, o Monumento a Xosé Mosquera Pérez no xardíns do mesmo nome ou A Pastora no Parque do Carme de Abaixo.

Fotos actuais


Fotos antigas


Ayúdenos a mejorar nuestra traducción de su idioma

Puedes cambiar cualquier texto haciendo click (presiona Enter después de hacer el cambio)