mainimg
Código: MV010
-
Patrimonio
Localización

Zona verde

Monte do Viso

Parroquia

San Fructuoso

Información

Tipoloxía

Escultura

Cronoloxía

2020

Autor

José Manuel Méndez Rodríguez

Historia

A rica mitoloxía galega está ateigada de multitude de seres míticos variados, coloridos; algúns con poderes sobrenaturais e outros con pequenos poderes para facer pequenas maldades; uns con forma humana e outros encarnados en animais da máis variada pelaxe.

No universo mítico galego atopamos razas míticas como as mouras e mouros, os xigantes, os diaños, os trasgos, as lavandeiras ou as xacias e as lamias. Outros teñen aparencia humana, mais gozan de poderes máxicos como as meigas, o nubeiro ou os lobishomes. Tamén personaxes da historia mítica de Galicia como Breogán ou a Raíña Lupa; e moitos animais reais como o lobo e a cobra e outros completamente imaxinarios como a Coca, o dragón ou o unicornio.

Deste acervo popular, preséntanse a través deste percorrido polas novas sendas que permiten gozar do Monte do Viso, a 11 seres de lenda como mostra do universo mítico galego, un patrimonio de alto nivel. O seres que figuran na Senda Mitolóxica do Monte do Viso son: os Mouros, a Moura, o Nubeiro, o Tardo, a Lamia, o Gatipedro, Breogán, a Coca, os Biosbardos, a Meiga e o Urco.

O autor das 10 figuras míticas que compoñen a Senda Mitolóxica do Monte do Viso é José Manuel Méndez Rodríguez, tanto do deseño como do desenvolvemento a tamaño real. Méndez naceu en Santiago de Compostela o 5 de setembro de 1956. Inicia a súa carreira profesional en 1972 obtendo o primeiro premio de pintura no XVI Certame Nacional de Arte celebrado na Coruña. Ao longo da súa carreira realiza creacións en pintura, escultura, fotografía e teatro.

Descrición

A palabra meiga deriva de maga e fai referencia a unha muller con coñecementos de maxia e artes ocultas.

Entre as súas mañas figura a capacidade de facer feitizos, males de ollo e adiviñación. Como vemos é fácil confundila coa bruxa, mais a bruxa actúa sempre con maldade, participa en aquelarres, voa coa vasoira e anda en tratos co demo.

Hai moitos tipos de meigas. Unha das más antigas, segundo a tradición popular, é a Dama do Castro, unha meiga boa. Outras son as meigas feiticeiras, as menciñeiras, as meigas vedoiras, con capacidades de adiviñación e de contacto co alén, e as meigas cartuxeiras, botadoras de cartas. A meiga chuchona é a máis perigosa xa que lle chupa o sangue aos nenos.

Bibliografía

Senda Mitolóxica do Monte Viso. Concello de Santiago e Tropa Verde SCQ, 2020

Fotos actuais


Ayúdenos a mejorar nuestra traducción de su idioma

Puedes cambiar cualquier texto haciendo click (presiona Enter después de hacer el cambio)