mainimg
Código: ES022
-
Patrimonio
Localización

Barrio

Concheiros-Almáciga-Espírito Santo

Parroquia

San Fructuoso

Información

Tipoloxía

Escultura

Cronoloxía

1978

Autor

Camilo Otero

Descrición

Un dos mellores escultores galegos de todos os tempos é, sen ningunha dúbida, o compostelán Camilo Otero. Autodidacta e polifacético, desenvolveu gran parte da súa carreira en París e Barcelona, aínda que sempre estivo moi unido á súa terra natal. Precisamente, esta peza realizada en bronce, de evidente influencia cubista, foi un agasallo que o artista lle quixo facer a Compostela. A escultura tamén se coñece co nome de O Galo por analoxía mórfica co animal, aínda que en realidade representa unha sorte de símbolos matemáticos, ciencia moi importante na vida do autor.

A Pasionaria é un tributo a Dolores Ibárrurri, política e xornalista, dirixente do Partido Comunista de España e unha figura moi destacada na loita feminista durante a Segunda República e na Guerra Civil española. Unha obra na que Camilo Otero expresa con toda contundencia o seu estilo da escola Collamarini, onde chegou a coincidir con Picasso e Giacometti. Logo de expoñer e ser recoñecido en todo o mundo, o autor volve a Santiago, onde pasaría os derradeiros anos da súa vida.

Bibliografía

Micropatrimonio de Compostela - Escultura Contemporánea. Concello de Santiago e Compostela Cultura, 2019

Fotos actuais


Ayúdenos a mejorar nuestra traducción de su idioma

Puedes cambiar cualquier texto haciendo click (presiona Enter después de hacer el cambio)