mainimg
Código: AQ064
-
Patrimonio
Localización

Parroquia

Villestro

Información

Tipoloxía

Fito

Cronoloxía

Séculos XVI-XVIII

Historia

A pedra co cruceiro está próximo ao trazado do camiño medieval de Santiago a Noia e as inscricións terían que ver co indicador dos límites da cidade de Santiago e a natureza de demarcación ou fito da antiga rede viaria. Estes fitos terían a súa orixe nos espazos engadidos por privilexios reais, ao terreo onde estaba a catedral apostólica por medio de xiros ou lonxitude medida en circunferencias a partires desta.

Descrición

Cruceiro emprazado sobre un penedo de superficie achanzada e lixeiramente convexa. Amosa un pequeno varal e unha cruz sen figuración e cos extremos dos brazos potenzados. O varal é de sección octogonal, agás no comezo e no remate. Tanto este coma a cruz están realizados nunha soa peza de granito.

Nas súas seccións cadradas figuran dúas inscricións: na inferior "ESTA CRUS LA PSo", e na superior baixo a cruz "Ano 1760". A rocha na que se asenta presenta tres gravados moi erosionados, que segundo o traballo realizado polos membros do Colectivo A Rula sobre este elemento, serían: un grupo de tres letras, de posible lectura "IUI" cunha cruz patada de tipo visigótico á súa esquerda; unha ringleira de caracteres alfabetiformes moi erosionados na zona superior da laxe, mais que parecen ter a transcrición "DMRCTIOI, [D(E)M(A)RC(A)TIOI]"; e no borde inferior esquerdo outro grupo, apenas apreciable, e cun estilo máis descoidado, mais que ten a data lexible "IXVII", (ou ben, apreciando o detalle do X levando unha vírgula no extremo superior dereito, que equivalería a XL). Entón a data da era hispánica sería 1047, e da cristiá 1009.

Fotos actuais


Ayúdenos a mejorar nuestra traducción de su idioma

Puedes cambiar cualquier texto haciendo click (presiona Enter después de hacer el cambio)