mainimg
Código: AL107
-
Arboredo Singular
Localización

Zona verde

Parque da Alameda

Barrio

Cidade histórica

Parroquia

San Fructuoso

Identificación

Nome científico

Taxodium distichum (L.) Rich

Nome común en galego

Alcipreste dos illós, ciprés calvo ou taxodio

Nome común en castelán

Ciprés de los pantanos o ciprés calvo

Información

Características

Está situado na ladeira que baixa en dirección á avenida da Coruña, cara a Facultade de Química.

Orixe e distribución

Os alciprestes dos illós estaban amplamente distribuídos por todo o planeta durante a Era Terciaria, e os seus fósiles aparecen en estratos duns vinte millóns de anos de antigüidade sobre os lignitos da rexión de Renania. Inclúese entre os máis importantes formadores de lignito de Europa.

Na actualidade, esta especie medra naturalmente nas zonas pantanosas do sueste de Estados Unidos, nos estados de Florida e Mississippi. É capaz de vivir en chan húmidos con altos niveis de auga subterránea, a capa freática, ou incluso permanentemente encharcados. Dende hai tempo foi cultivado en Europa como árbore ornamental.

Descrición

É unha das poucas coníferas caducifolias, xa que perde a folla durante o inverno. As acículas planas, brandas, lineares e terminadas en punta, dispóñense en dúas fileiras sobre delgadas pólas que caen xunto coas follas no outono.

O tronco é columnar, bombeado na base coa idade, e das raíces principais parten unhas protuberancias que poden chegar a sobresaír por encima da superficie da auga, denominadas pneumatóforos, cuxa función é fornecer o osíxeno necesario para a respiración das raíces, tendo en conta que estas frecuentemente áchanse mergulladas.

As flores masculinas forman inflorescencias amarelas ou púrpura no estremo das pólas. As piñas globosas, parecidas ás do alcipreste teñen escamas de 1 a 3,5 centímetros de longo, que se desarman na madurez liberando un par de sementes non aladas por escama.

Etimoloxía

O seu nome científico taxodium fai alusión a que as súas follas son de aspecto parecido ás do teixo (Taxus baccata). O epíteto específico distichum, é a descrición en latín das súas follas, dispostas en dúas ringleiras.

A súa característica de ser unha ximnosperma caducifolia é a que lle valeu o sobrenome de ciprés calvo.

Usos

De gran interese ornamental posto que proporciona un matiz exótico aos estanques dalgúns dos nosos parques. A súa madeira é lixeira e de boa calidade, de cor vermella escura e moi utilizada en Estados Unidos para ebanistería, na construción de buques e botes, e ademais trátase unha das mellores madeiras para a fabricación de toneis.

De crecemento rápido e notable lonxevidade, chegando a ser milenario, pode alcanzar alturas de até 50 metros, aínda que os exemplares composteláns son moi novos e de pouco porte. Espectaculares son os exemplares que medran no estanque do Palacio de Cristal do Retiro de Madrid, os do Parc de la Ciutadella en Barcelona ou os do Parque de María Luísa en Sevilla.

Fotos actuais


Ayúdenos a mejorar nuestra traducción de su idioma

Puedes cambiar cualquier texto haciendo click (presiona Enter después de hacer el cambio)