Parroquia
Conxo
Cronoloxía
2013
Historia
O Concello de Santiago de Compostela tiña graves problemas pola deficiencia na súa rede de colectores xerais, que contaba con treitos de moi escasa capacidade e que presentaba un importante deterioro polo que producíanse vertidos de augas residuais na canle do río Sar. Ademais, nos días de choiva producíanse inundacións, levantamento de tapas e rotura de canos, mentres que na época de seca había importantes infiltracións e dilucións que sobrecargaban a capacidade da EDAR da Silvouta.
A situación, que xeraba problemas económicos e ambientais, reducíronse coa substitución do sistema de colectores para evitar infiltracións á nova rede e vertidos directos ao río. As novas infraestruturas están dotadas de mecanismos para o control de incorporacións e o tratamento das augas pluviais.
Para iso foi necesario remodelar algúns treitos da rede de colectores xerais, por medio dun colector interceptor xeral, que transporta as augas residuais até a depuradora, e varios colectores xerais, que verten as augas residuais e pluviais ao interceptor a través de instalacións de control de incorporacións e tratamento de alivios en situacións de choivas importantes.
Descrición
No colector xeral do río Sar instaláronse unha serie de aliviadoiros ou vertedoiros hidráulicos como o de Conxo, cuxa principal función é a de permitir a retención da auga de pluviais e fecais nos momentos de alta intensidade, coa fin de reducir o volume que chega á depuradora da Silvouta.
O colector secundario do Aliviadoiro de Conxo é unha incorporación ao interceptor xeral do río Sar. Recolle os caudais de augas residuais xeradas polos habitantes da súa área de influencia para incorporalos ao Aliviadoiro de Conxo.
En superficie o aliviadoiro consta dun sinxelo edificio cúbico realizado en placas de aceiro corten colocadas en ángulo para crear efectos de claro-escuro.