mainimg
Código: BO002
-
Arboredo Singular
Localización

Zona verde

Parque de San Domingos de Bonaval

Barrio

Concheiros-Almáciga-Espírito Santo

Parroquia

San Fructuoso

Identificación

Nome científico

Araucaria angustifolia (Bertol.) Kuntze

Nome común en galego

Araucaria do Brasil ou piñeiro do Paraná

Nome común en castelán

Pino del Paraná, pino de Misiones, pino de Brasil o árbol candelabro

Biometría

Perímetro normal

2 metros

Altura

17 metros

Diámetro de copa

8 metros

Idade estimada

80 anos

Información

Características

Esta araucaria do Brasil está situada no pequeno xardín xunto á porta de acceso da Subdirección de Conservación e Restauración de Bens Culturais, anexo ao Museo do Pobo Galego, na zona das salas municipais de exposicións e a fachada principal do Convento de San Domingos de Bonaval.

Orixe e distribución

Nativa de América do Sur, distribúese naturalmente dende Brasil a Arxentina. Sitúase entre os 500 e 2.300 metros sobre o nivel do mar, con precipitacións de 1.200 a 2.500 metros e temperaturas de 12 a 21 ºC.

É unha especie heliófita típica bosques secundarios semideciduos que, por efecto dunha estación seca definida e prolongada, as especies dominantes perden a súa follaxe nalgún grao. Prefire solos de textura franca e arxilosa, profundos, con boa drenaxe e pH entre 5 e 6.

Esta especie está actualmente en perigo de extinción. Orixinariamente formou piñeirais naturais, que hoxe en día están practicamente desaparecidos, e os que restan forman reservas naturais protexidas.

Descrición

Árbore sempre verde, cun perfil característico de copa estratificada, candeliforme, co follaxe horizontal e agrupado na parte terminal das polas. Madeiro recto e libre de ramas en case toda a súa extensión, coa codia parda que se desprende en placas anchas.

Follas coriáceas, lanceoladas e punzantes, flores masculinas en amentos alongados que florece entre agosto e xaneiro, e as femininas en estróbilos axilares que están en flor durante todo o ano. As piñas maduran dous anos despois da polinización; teñen entre 700 e 1.200 escamas e un número variable de sementes.

Etimoloxía

O nome de Araucaria provén dos araucanos ou mapuches, un grupo de tribos americanas que habitaban a Araucana, unha rexión situada ao sur de América do Sur. Alonso de Ercilla escribiu La Araucana entre 1569 e 1589, un poema épico que relata a primeira fases da Guerra de Arauco entre mapuches e españois.

Chámaselle piñeiro do Paraná porque este estado de Brasil estivo cuberto por foresta ou bosques desta araucaria até inicios do século XX, ao igual que a provincia de Las Misiones en Arxentina. É o símbolo de Curitiba, a capital de Paraná, así como de Sao Carlos no estado de Sao Paulo e de San Pedro en Misiones.

Usos

Cultívase como ornamental, xa que aínda que a súa madeira é válida para a construción e carpintería, é difícil de preservar e secar polo que é de baixa durabilidade natural. A leña é de excelente calidade e a resina da súa cortiza utilízase na elaboración de vernices, acetona, trementina e outros produtos químicos.

As sementes recóllense directamente da árbore nos meses cálidos, cando pasan de cor verdosa a parda. Eran importantes na alimentación dos mapuches e aínda hoxe son empregadas en moitas receitas. Nas árbores secas prospera un verme chamado koro que tamén servía de alimento para as poboacións autóctonas.

Fotos actuais


Fotos antigas


Ayúdenos a mejorar nuestra traducción de su idioma

Puedes cambiar cualquier texto haciendo click (presiona Enter después de hacer el cambio)