
Zona verde
Parque da Alameda
Parroquia
San Fructuoso
Nome científico
Araucaria araucana (Molina) K. Koch
Nome común en galego
Araucaria ou piñeiro chileno
Nome común en castelán
Araucaria o árbol de la cola del mono
Perímetro normal
0,5 metros
Altura
0,5 metros
Diámetro de copa
7 metros
Idade estimada
70 anos
Características
A araucaria e o abeto do Cáucaso (Abies nordmanniana) do parque da Alameda foron un agasallo de Juan Domingo Perón e Eva Duarte na súa visita oficial de 1947. A finais do século XX, a araucaria que fora plantada ao pe das escaleiras que rodean a fonte do Paseo Central morreu, polo que foi substituída pola que hoxe podemos contemplar, na mesma zona axardinada mais máis preto do Paseo das Viúvas.
Orixe e distribución
Nativa de América do Sur, distribúese naturalmente dende Brasil a Arxentina. Sitúase entre os 500 e 2.300 metros sobre o nivel do mar, con precipitacións de 1.200 a 2.500 metros e temperaturas de 12 a 21 ºC.
É unha especie heliófita típica bosques secundarios semideciduos que, por efecto dunha estación seca definida e prolongada, as especies dominantes perden a súa follaxe nalgún grao. Prefire solos de textura franca e arxilosa, profundos, con boa drenaxe e pH entre 5 e 6.
Esta especie está actualmente en perigo de extinción. Orixinariamente formou piñeirais naturais, que hoxe en día están practicamente desaparecidos, e os que restan forman reservas naturais protexidas.
Descrición
Árbore sempre verde, cun perfil característico de copa estratificada, candeliforme, coa follaxe horizontal e agrupada na parte terminal das polas. Madeiro recto e libre de ramas en case toda a súa extensión, coa codia parda que se desprende en placas anchas.
Follas coriáceas, lanceoladas e punzantes, flores masculinas en amentos alongados que florece entre agosto e xaneiro, e as femininas en estróbilos axilares que están en flor durante todo o ano. As piñas maduran dous anos despois da polinización; teñen entre 700 e 1.200 escamas e un número variable de sementes.
Etimoloxía
O nome de Araucaria provén dos araucanos ou mapuches, un grupo de tribos americanas que habitaban a Araucana, unha rexión situada ao sur de América do Sur. Alonso de Ercilla escribiu La Araucana entre 1569 e 1589, un poema épico que relata a primeira fases da Guerra de Arauco entre mapuches e españois.
Chámaselle piñeiro do Paraná porque este estado de Brasil estivo cuberto por foresta ou bosques desta araucaria até inicios do século XX, ao igual que a provincia de Las Misiones en Arxentina. É o símbolo de Curitiba, a capital de Paraná, así como de Sao Carlos no estado de Sao Paulo e de San Pedro en Misiones.
Usos
Cultívase como ornamental, xa que aínda que a súa madeira é válida para a construción e carpintería, é difícil de preservar e secar polo que é de baixa durabilidade natural. A leña é de excelente calidade e a resina da súa cortiza utilízase na elaboración de vernices, acetona, trementina e outros produtos químicos.
As sementes recóllense directamente da árbore nos meses cálidos, cando pasan de cor verdosa a parda. Eran importantes na alimentación dos mapuches e aínda hoxe son empregadas en moitas receitas. Nas árbores secas prospera un verme chamado koro que tamén servía de alimento para as poboacións autóctonas.