mainimg
Código: AL008
-
Arboredo Singular
Localización

Zona verde

Parque da Alameda

Barrio

Cidade histórica

Parroquia

San Fructuoso

Identificación

Nome científico

Lagerstroemia indica L.

Nome común en galego

Árbore de Xúpiter

Nome común en castelán

Árbol de Júpiter o mirto de crespones

Biometría

Perímetro normal

1 metros

Altura

8 metros

Diámetro de copa

8 metros

Idade estimada

40 anos

Información

Características

Está situado preto do monumento a Pedro Pais Lapido, rodeado de camelias entre as que destaca pola distinta coloración do seu madeiro e pola súa tardía floración, xa que é unha das poucas árbores do parque que ofrece unha vistosa floración no verán.

Orixe e distribución

É unha planta orixinaria do sueste de China, de Vietnam e o arquipélago indomalaio. Aparece nos bosques abertos caducifolios, praderías e acantilados nas zonas de monte baixo. Foi introducido na xardinería europea en 1759.

Descrición

Ten o madeiro retorcido e a codia lisa de cor parda, con manchas máis claras que son cicatrices das placas que se van desprendendo a medida que a árbore crece. As follas caedizas, que apenas presentan pecíolo, son de forma elíptica. As súas flores, que crecen agrupadas en ramalletes de até 20 centímetros, son de cor rosada e teñen os pétalos moi rizados. Os froitos son moi pequenos, de cor escarlata e cun olor que recorda ao das mazás, e aparecen na árbore entre setembro e outubro.

Etimoloxía

O botánico sueco Karl Linneo bautizouno co nome de Lagerstroemia na honra do seu amigo Magnus Lagerstrom (1696-1759), director da Compañía da India en Getemburgo. O nome específico indica, débese a que cría que era orixinario da India, onde se cultivara dende a antigüidade.

Esta árbore florece en verán, cando nos xardíns apenas hai plantas con flores rechamantes e domina neles o verde das follas. Este feito pode estar na orixe do seu nome común, posto que aínda que a árbore consagrada a Xúpiter é a aciñeira, o planeta Xúpiter é visible precisamente nesta época do ano. Ademais, Xúpiter é o deus da fertilidade que anima o florecemento dos vexetais.

Usos

Nas medicinas orientais utilízanse as súas raíces para combater a estomatite, mentres que as follas e flores serven como purgantes.

As flores do árbore de Xúpiter foron inmortalizadas dende tempos moi antigos a través de pinturas e debuxos pola súa beleza. Son árbores que nos xardíns teñen uso paisaxístico durante todo o ano: en primavera polo color vermello dos brotes, en verán pola floración, o vermello de novo no outono coa caída da folla e no inverno pola coloración do seu madeiro.

Fotos actuais


Ayúdenos a mejorar nuestra traducción de su idioma

Puedes cambiar cualquier texto haciendo click (presiona Enter después de hacer el cambio)