mainimg
Código: AL009
-
Arboredo Singular
Localización

Zona verde

Parque da Alameda

Barrio

Cidade histórica

Parroquia

San Fructuoso

Identificación

Nome científico

Luma apiculata (DC.) Burret

Nome común en galego

Arraián

Nome común en castelán

Arrayán o mirto de Chile

Biometría

Perímetro normal

0,8 metros

Altura

8 metros

Diámetro de copa

5 metros

Idade estimada

40 anos

Información

Características

Sitúase preto ao monumento a Pedro Pais Lapido, nun xardín entre o monumento e o Paseo de Bóveda, preto dun dos eucaliptos catalogados como senlleiros. É un espazo bastante umbrío, mais o arraián non ten problema en medrar á sombra doutras árbores, o que lle axuda a manter a súa cortiza fría incluso nos días máis calorosos do verán.

Orixe e distribución

Nativa dos Andes centrais, onde medra preto dos cursos de auga, dende a costa até os 1.000 metros de altitude. Encóntrase distribuído nos bosques mornos de Chile, entre a rexión de Coquimbo e a de Magallanes, mentres que en Arxentina está relegado aos sectores andinos. Está naturalizada en España, Irlanda e Gran Bretaña.

Descrición

O arraián desenvólvese de xeito ramificado, adoptando un aspecto arbustivo. É unha especie perenne, vigorosa, que pode medrar até os 20 metros de altura. Ten un crecemento de velocidade media, dependendo en gran parte da cantidade de auga e nutrientes do chan.

O madeiro do arraián é tortuoso, é dicir, curvado e nodoso, coa codia lisa, que pela mentres a planta crece. É de cor marrón alaranxado, o que o distingue con facilidade doutras especies.

Ten follas simples, coriáceas e ovaladas. As flores aparecen en grupos de 3 a 5 unidades, de color branco rosado e moi fragrantes. Os froitos son unhas baias negras ou azuis comestibles, que son moi prezadas por torcazas e tordos.

Etimoloxía

Luma é unha antiga palabra mapuche que indica a cor laranxa do madeiro. Apiculata provén do latín apiculatus, en referencia ás follas apuntadas, que se consideran unha adaptación relicta aos climas tropicais.

O nome que lle deron os mapuches foi kelümamüll (árbore laranxa). En América tamén se coñece como palo colorado en alusión ao seu madeiro. Os conquistadores españois chamárono arraián polo parecido das súas flores coas do arraián europeo ou mirto.

Usos

Ten un gran valor ornamental pola bela cor do seu madeiro, rechamantes flores brancas, o longo período de floración e os froitos, moi apreciados en Chile e Arxentina onde se utilizan para facer licor e un tónico fortificante, diurético ou cicatrizante.

A madeira úsase en carpintería e ebanistería, e a súa codia servía para tinguir a lá de rosa. As flores son importantes na produción de mel.

Fotos actuais


Ayúdenos a mejorar nuestra traducción de su idioma

Puedes cambiar cualquier texto haciendo click (presiona Enter después de hacer el cambio)