mainimg
Código: AL041
-
Patrimonio
Localización

Zona verde

Parque da Alameda

Barrio

Cidade histórica

Parroquia

San Fructuoso

Información

Tipoloxía

Banco

Cronoloxía

1916

Autor

Mariano Fernández Ragel

Historia

A forma cóncava e o recurso a un material como o granito é o que explica este curioso fenómeno acústico, denominado polos expertos galerías dos murmurios: nun espazo circular e cóncavo o son -sobre todo as frecuencias agudas como é o caso dos murmurios- vaise transmitindo pola parede e chegará perfectamente ao outro extremo sen que se escoite no exterior; de feito, canto máis baixo sexa o volume, mais doado será que se transmita con claridade.

É un fenómeno explicado por John William Strutt, terceiro barón de Rayleigh e sinaladísimo físico que obtivo o Premio Nobel en 1904. Atende a principios da acústica que se aplican doutro xeito en diversos espazos arquitectónicos desde os teatros da Antigüidade até salas como as da catedral de Londres ou dos pazos venecianos e mesmo en parques como Central Park de Nova Iorque.

Descrición

O coñecido como banco dos murmurios ten unha forma semicircular de 14 metros de diámetro e 5 en fondo. Feito en granito é en realidade un pequeno divertimento para admirar o visitante, aínda que ten unha orixe máis prosaica. Obra do arquitecto municipal Mariano Fernández Rangel, a súa posición fai que sexa o mellor lugar para escoitar a música do palco, por iso é ben posible que esta fose a súa finalidade inicial: ofrecer un espazo específico para escoitar que estivese separado do balbordo dos paseos.

Con todo, é máis popular polo outro efecto: os murmurios apenas verbalizados nun extremo escóitanse con claridade no outro. Conta a tradición oral que este singular portento fixo deste banco o lugar preferido de namorados e namoradas, que podían falar en confianza sen medo a seren escoitados por quen está no centro ou a uns metros. Por iso este banco recibe tamén o alcume de banco dos Namorados.

Fotos actuais


Fotos antigas


Ayúdenos a mejorar nuestra traducción de su idioma

Puedes cambiar cualquier texto haciendo click (presiona Enter después de hacer el cambio)