mainimg
Código: XC004
-
Patrimonio
Localización

Zona verde

Parque das Ciencias Isidro Parga Pondal

Barrio

Concheiros-Almáciga-Espírito Santo

Parroquia

San Fructuoso

Información

Tipoloxía

Banco

Cronoloxía

2014

Historia

Con data 18 de Decembro de 2014 o pleno da Real Academia Galega das Ciencias adoptou o acordo de cambiar a denominación Día do Científico Galego polo de Día da Ciencia en Galicia, porque reflexa dun modo máis directo o obxectivo da celebración, que non e outro que a promoción social da Ciencia en Galicia. Mantense, polo demais, o formato da celebración. Finalmente, no pleno celebrado o 29 de Abril de 2015, a Real Academia Galega das Ciencias estableceu como nova data para o Día da Ciencia en Galicia, o día 8 de Outubro de cada ano, con carácter inamovible. A nova data conmemora o nacemento do Padre Benito Jerónimo Feijóo Montenegro, promotor indiscutible da Ciencia nos seus primeiros momentos.

O primeiro Día do Científico Galego, en 2008, dedicouse ao matemático Enrique Vidal Abascal. No 2009, foi Isidro Parga Pondal o homenaxeado, pola súa destacada labor nos eidos da química e a xeoloxía. No 2010, foi o enxeñeiro agrónomo e xenetista Cruz Gallástegui Unamuno. O matemático e astrónomo Ramón María Aller Ulloa tivo a súa homenaxe en 2011, e no 2012 foi o químico, médico e farmacéutico Antonio Casares Rodríguez. O Padre Benito Jerónimo Feijoo y Montenegro, un dous máis destacados pensadores e escritores ilustrados do noso país, foi homenaxeado o ano 2013.

Esta tradición continuouse nos seguintes anos, honrando a memoria de ilustres científicos nacidos ou relacionados con Galicia. A todos estes persoeiros, e a aqueles que merezan no futuro ser distinguidos co recoñecemento da Real Academia Galega de Ciencias, recordarase no Parque das Ciencias Isidro Parga Pondal, cunha placa para cada un deles nos bancos do Parque das Ciencias.

Descrición

Na remodelación do parque de San Roque, dotouse a esta zona verde con mobiliario urbano. Os bancos de madeira servirán, ademais para o descanso dos cidadáns que se acheguen a gozar deste espazo, para lembrar a destacados científicos galegos.

Para celebrar o Día da Ciencia en Galicia, realízase un acto de conmemoración colocando un distintivo nos bancos do Parque das Ciencias. A Real Academia Galega de Ciencias comezou a celebrar no ano 2008 o Día da Ciencia en Galicia. Todos os científicos homenaxeados até o momento, e os que o sexan en futuras edicións, son recordados no Parque das Ciencias cunha placa nos bancos deste espazo verde.

Algúns dos científicos que xa contan cun banco neste espazo son: Ángeles Alvariño González, Isidro Parga Pondal, Cruz Gallástegui, Ramón María Aller Ulloa, Ignacio Ribas Marqués, Baltasar Merino Román, Domingo Fontán Rodríguez, Tomás Batuecas Marugán, Andrés A. Comerma i Batalla, Jimena Fernández de la Vega ou Juan Rof Codina.

Fotos actuais


Ayúdenos a mejorar nuestra traducción de su idioma

Puedes cambiar cualquier texto haciendo click (presiona Enter después de hacer el cambio)