mainimg
Código: MV007
-
Patrimonio
Localización

Zona verde

Monte do Viso

Parroquia

San Fructuoso

Información

Tipoloxía

Escultura

Cronoloxía

2020

Autor

José Manuel Méndez Rodríguez

Historia

A rica mitoloxía galega está ateigada de multitude de seres míticos variados, coloridos; algúns con poderes sobrenaturais e outros con pequenos poderes para facer pequenas maldades; uns con forma humana e outros encarnados en animais da máis variada pelaxe.

No universo mítico galego atopamos razas míticas como as mouras e mouros, os xigantes, os diaños, os trasgos, as lavandeiras ou as xacias e as lamias. Outros teñen aparencia humana, mais gozan de poderes máxicos como as meigas, o nubeiro ou os lobishomes. Tamén personaxes da historia mítica de Galicia como Breogán ou a Raíña Lupa; e moitos animais reais como o lobo e a cobra e outros completamente imaxinarios como a Coca, o dragón ou o unicornio.

Deste acervo popular, preséntanse a través deste percorrido polas novas sendas que permiten gozar do Monte do Viso, a 11 seres de lenda como mostra do universo mítico galego, un patrimonio de alto nivel. O seres que figuran na Senda Mitolóxica do Monte do Viso son: os Mouros, a Moura, o Nubeiro, o Tardo, a Lamia, o Gatipedro, Breogán, a Coca, os Biosbardos, a Meiga e o Urco.

O autor das 10 figuras míticas que compoñen a Senda Mitolóxica do Monte do Viso é José Manuel Méndez Rodríguez, tanto do deseño como do desenvolvemento a tamaño real. Méndez naceu en Santiago de Compostela o 5 de setembro de 1956. Inicia a súa carreira profesional en 1972 obtendo o primeiro premio de pintura no XVI Certame Nacional de Arte celebrado na Coruña. Ao longo da súa carreira realiza creacións en pintura, escultura, fotografía e teatro.

Descrición

Breogán é un nobre que na cidade de Brigantia, para algúns A Coruña, levantou unha torre de altura tal que desde a súa cima podíase ver unha ribeira verde, Irlanda.

A visión desta afastada terra leva a Ith, fillo de Breogán, até a illa onde algúns nobres envexosos o asasinan. En vinganza, o sobriño de Ith, Mil, navega até alí con trinta barcos e conquista a illa, dando lugar ao pobo dos fillos de Mil ou milesios, orixe da liñaxe celta de Irlanda.

Estas xestas de nobres galaicos míticos están recollidas nun conxunto de manuscritos do século XI, o Libro das Conquistas Irlandesas, unha recompilación de lendas irlandesas anteriores que narra as diversas invasión que tería sufrido a illa.

Bibliografía

Senda Mitolóxica do Monte Viso. Concello de Santiago e Tropa Verde SCQ, 2020

Fotos actuais


Ayúdenos a mejorar nuestra traducción de su idioma

Puedes cambiar cualquier texto haciendo click (presiona Enter después de hacer el cambio)