
Zona verde
Parque de Vista Alegre (Finca Simeón)
Parroquia
San Fructuoso
Nome científico
Buxus sempervirens L.
Nome común en galego
Buxo
Nome común en castelán
Boj
Características
O uso para a topiaria, os devastadores incendios forestais e a sobreexplotación da especie pola utilización da madeira por encima das velocidades de crecemento e rexeneración da especie, fan que escaseen os exemplares de gran porte.
Este exemplar é o único exemplo que podemos atopar na cidade dun buxo que non foi sometido ás podas para facer sebes, e destaca polo seu tamaño e polo grosor do seu caule, quebrado debido ao desprendemento dunha das pólas.
Orixe e distribución
Especie de ampla distribución polo Centro e Sur de Europa, Norte de África e oeste de Asia. Na Península é común nas rexións montañosas calizas e graníticas da parte norte do país, dende o nivel do mar até os 2.000 metros de altura. Foi amplamente estendido por outras zonas, como en Portugal onde é unha especie introducida, e aparece esporadicamente escapando do cultivo en Lugo e Ourense.
Ocupa lindeiros de diversos tipos de bosques de coníferas ou fagáceas e, se estes desaparecen, pode dar lugar a grandes extensións case monoespecíficas, sobre todo en solos pouco profundos.
Descrición
O buxo é un arbusto perennifolio europeo de tronco moi ramificado e crecemento lento, polo que pode chegar aos 600 anos. Ten follas persistentes, simples e moi pequenas (10-30 milímetros de lonxitude) de cor verde brillante pola face e co envés máis claro.
Flores pequenas, amareladas, cun desenvolvemento moi lento xa que tardan meses en completar a súa formación. Florece dende finais de febreiro até abril ou maio en inflorescencias compactas, constituídas por varias flores masculinas que rodean a una feminina central. Os froitos son cápsulas ovoides, con tres pequenos apéndices apicais en forma de cornos, que gardan varias sementes negras e alongadas.
Etimoloxía
Buxus é un nome de orixe grega, facendo referencia ao parecido dos seus froitos con minúsculos botes. Este termo foi latinizado e empregado por Plinio ao falar destas plantas.
O cualificativo sempervirens alude á súa condición sempre verde porque as follas son persistentes e caen sen amarelar. Tamén son sempervirens as secuoias vermellas (Sequoia sempervirens) ou os alciprestes (Cupressus sempervirens).
Usos
Ten un gran valor paisaxístico, mais cultívase pouco como ornamental pola cantidade de auga que requiren. Cando a árbore está sen follas no inverno, a beleza da súa cortiza destaca aínda máis. Os bidueiros pódense plantar como exemplares illados, formando grupos ou en sebes cortaventos. O seu rápido crecemento (ata un metro a partir do primeiro ano) é un punto a favor para a súa utilización.
Esta árbore, imaxe tradicional dos grandes bosques de Escandinavia e Rusia, é unha fonte de riqueza. As follas, de sabor amargo e cheiro peculiar, as xemas, e o aceite ou brea que se extrae da cortiza, posúen numerosas utilidades e propiedades medicinais. A súa madeira utilizouse para a fabricación de pasta de papel, carpintería, tonelería, tornería e carbón.
Ante a falta de pergamiño, as finas láminas obtidas da cortiza do bidueiro usáronse antigamente como material para escribir. Deste xeito, conserváronse até hoxe, mostras moi temperás de escritura en alfabeto cirílico.