
Zona verde
Parque da Alameda
Parroquia
San Fructuoso
Tipoloxía
Cafetería de titularidade municipal
Cronoloxía
2012
Autor
César Coll Nuez
Historia
Na Alameda hai, desde antigo, establecementos permanentes ou efémeros que ofrecen bebidas, doces e lambetadas para entreter os paseos e dar descanso ao público. Nos tempos máis recentes os postos temporais foron desaparecendo para renacer só nos días das festas, cando toda a Alameda é un enorme campo de festa.
As últimas en pechar foron as dúas churrarías que ocupaban espazos aínda hoxe recoñecibles: unha onde hoxe está o café e outra na plataforma que acolle a súa terraza. As churrarías Celta e Compostela eran inicialmente casetas de madeira que deron paso a unha instalación máis permanente. En 2008 no antigo lugar da Celta instalouse o Centro de Información Municipal de Parques e Xardíns que hoxe está no parque de Belvís.
Descrición
Esta curiosa estrutura acristalada é obra de César Coll e toma o relevo dos quioscos e instalacións que serven de sempre refrescos e refrixerios aos paseantes. É unha instalación pensada con criterios de sustentabilidade e de respecto á contorna e ás arbores que a acollen e que se configura como unha forma modernizada dos pavillóns dos xardíns históricos británicos, dos que toma a inspiración.
É a intervención máis contemporánea no espazo patrimonial da Alameda e achega unha curiosa sensación de inmersión na natureza.