
Zona verde
Parque Fluvial das Brañas de Sar
Parroquia
San Fructuoso
Tipoloxía
Camiño
Historia
Os camiños, así como as pontes, pontellas e pasais, son construcións para o tránsito que serven para facilitar a comunicación polas Brañas de Sar.
Descrición
Este camiño transcorre por unha das zonas máis deprimidas das Brañas de Sar, de aí o seu topónimo. Ten 900 metros de lonxitude e comunica a zona de Picaños con Pontepedriña. A 250 metros bifúrcase cara o oeste en dirección ao Muíño de Vilar e a uns 110 metros desta bifurcación hai outra que leva ao Muíño de Miguel. A partir deste punto cara á Pontepedriña o Camiño do Fondo da Braña aparece empedrado con laxes de anfibolita sobre unha terraza.