mainimg
Código: par080
-
Parques E Xardíns
Localización

Barrio

San Lourenzo-Campus Sur

Parroquia

San Fructuoso

Información

Tipoloxía

Parque patrimonial

Historia

O primeiro proxecto de urbanización da Residencia de Estudantes, realizado por Constantino Candeira, remodelado por Jenaro de la Fuente e aprobado polo Concello de Santiago en 1929, constitúe a primeira fase do desenvolvemento deste Campus, inicialmente concibido como área de recreo (xardíns, teatro ao aire libre...), deportes (estadio, ximnasio, campos de tenis, piscina...) e residencia de estudantes universitarios (Colexios Maiores).

A parte máis antiga coñecese popularmente como a Residencia e aínda hoxe mantén un aspecto semellante ao da primeira metade do século XX, no que se pode apreciar certa influencia do modelo da Cidade Universitaria de Madrid, do esquema inglés college+sport e dos principios do urbanismo barroco, sobre todo no trazado e composición dos xardíns, así como na escalinata de conexión coa Ferradura.

Actuacións

Na década dos 40 do século XX construíronse os tres Colexios Maiores (Rodríguez de Cadarso en 1941, foi o primeiro), o Observatorio Astronómico, a escalinata que conduce á Alameda e realizáronse as primeiras obras de urbanización e axardinamento.

O proxecto de plantacións de árbores e demais elementos dos xardíns, realizado en 1945, tamén incluía xardíns da contorna da escultura de Ventura Figueroa, na parte baixa da Ferradura.

Destaca nesa parte do Campus a grande abundancia de coníferas, especialmente cedros e cipreses, algúns dos cales son actualmente de gran tamaño. Hai tamén algunhas árbores caducifolias de gran porte, como o pequeno rodal de faias, situado no espazo comprendido entre o Estadio e os Colexios Maiores, con exemplares duns 20 metros de altura.

A ampliación de titulacións na Universidade de Santiago e o elevado número de estudantes que recibe desde a segunda metade do século XX, obrigaron a realizar importantes ampliacións e remodelacións, para albergar novas edificacións destinadas á docencia, investigación, servizos, deportes, residencia... Asociadas a estas novas edificacións construíronse novos xardíns, de diferentes estilos e composicións variadas.

A actual Facultade de Química, construída en 1960 como Facultade de Ciencias, foi a primeira facultade deste Campus. É a única que mantén o estilo das primeiras edificacións e está rodeada por cedros de grandes dimensións.

Na década dos 70 construíronse as facultades de Farmacia e Dereito e a piscina climatizada, con novos xardíns asociados, nos que árbores caducifolias son xa máis abundantes que as coníferas, contrastando coa parte máis antiga.

Posteriormente, na década dos 80 produciuse a remodelación do Estadio e das pistas polideportivas, a construción das facultades de Matemáticas, Bioloxía, Física, Psicoloxía, Pedagoxía, Filosofía, Ciencias Políticas e Sociais, así como a transformación do antigo ximnasio en Auditorio Universitario e a construción do Pavillón Universitario, do Campo de Deportes, do Edificio de Servizos e da Residencia Monte da Condesa.

Novas ampliacións de áreas verdes e edificacións continuáronse na década dos 90 e principios do presente século (Biblioteca Concepción Arenal, Instituto de Acuicultura, Investigacións Tecnolóxicas, Investigacións e Análises Alimentarias e de Cerámica; edificios: CACTUS, FEUGA, CIBUS, CIQUS E EMPRENDIA, así como a Escola Superior de Enxeñaría.

Na sucesión de xardíns desenvolvidos durante os últimos 30 anos chama a falta de harmonía entre os mesmos, xa que grazas a ela hai aquí maior diversidade de especies arbóreas e arbustivas (máis de 230 inventariadas) que noutros parques da cidade.

Descrición

Cunha superficie ao redor de 500.000 m2 é a área verde urbana de maior extensión. Sitúase a continuación da Alameda, como unha prolongación dela.

Bibliografía

FRAGA, M.I. Guía verde Santiago de Compostela. Alvarellos, Santiago de Compostela, 2010

Fotos actuais


Fotos antigas


Mapas


Ayúdenos a mejorar nuestra traducción de su idioma

Puedes cambiar cualquier texto haciendo click (presiona Enter después de hacer el cambio)