
Zona verde
Parque Fluvial das Brañas de Sar
Parroquia
San Fructuoso
Tipoloxía
Canle
Historia
Os elementos de xestión da auga engloban todos aqueles elementos que servían para aproveitar a auga como recurso enerxético para os muíños e mazos e tamén para o regadío dos prados que fornecían de herba o gando.
A corrente do río é represada para ser desviada e levada onde poida facer servizo. Importa moito ter en conta o nivel dependendo de se é necesaria para un muíño. Nese caso, canto mais altura adquira mellor, ou se é para regar, tendo en conta os terreos que se teñen que regar.
Descrición
Parte da acea e está construída con pedras a escuadra e cachotería de anfibolita e granito. Trátase dunha canle aliviadoiro de auga que facilitaría a rega dos prados da contorna.