
Zona verde
Parque Fluvial das Brañas de Sar
Parroquia
San Fructuoso
Tipoloxía
Canle
Historia
Os elementos de xestión da auga engloban todos aqueles elementos que servían para aproveitar a auga como recurso enerxético para os muíños e mazos e tamén para o regadío dos prados que fornecían de herba o gando.
A corrente do río é represada para ser desviada e levada onde poida facer servizo. Importa moito ter en conta o nivel dependendo de se é necesaria para un muíño. Nese caso, canto mais altura adquira mellor, ou se é para regar, tendo en conta os terreos que se teñen que regar.
Descrición
Mide 0,70 metros de ancho na boca, por 9,80 de lonxitude. Xunto coa presa, da que se poden ver os restos, formaba parte dun conxunto que serviría para regar as parcelas do Forte. Ten forma de embude, máis ancha na boca para recoller a auga do río e cun progresivo estreitamento a medida que vai entrando na parcela para así regala polo sistema de inundación.