
Zona verde
Parque Fluvial das Brañas de Sar
Parroquia
San Fructuoso
Tipoloxía
Canle
Historia
Os elementos de xestión da auga engloban todos aqueles elementos que servían para aproveitar a auga como recurso enerxético para os muíños e mazos e tamén para o regadío dos prados que fornecían de herba o gando.
A corrente do río é represada para ser desviada e levada onde poida facer servizo. Importa moito ter en conta o nivel dependendo de se é necesaria para un muíño. Nese caso, canto mais altura adquira mellor, ou se é para regar, tendo en conta os terreos que se teñen que regar.
Descrición
Mide uns 295 metros de longo cunha anchura aproximada dun metro. Arranca no Muíño de Vilar e vai máis ou menos paralela ao río até desembocar nas proximidades da Acea das Brañas de Sar. Está escavada na terra e puntualmente, na proximidade do muíño, reforzada con laxes de xisto. Ademais de levar auga ao Muíño de Miguel, parten dela sucos que proporcionan auga aos prados próximos.