
Zona verde
Parque Fluvial das Brañas de Sar
Parroquia
San Fructuoso
Tipoloxía
Canle
Historia
Os elementos de xestión da auga engloban todos aqueles elementos que servían para aproveitar a auga como recurso enerxético para os muíños e mazos e tamén para o regadío dos prados que fornecían de herba o gando.
A corrente do río é represada para ser desviada e levada onde poida facer servizo. Importa moito ter en conta o nivel dependendo de se é necesaria para un muíño. Nese caso, canto mais altura adquira mellor, ou se é para regar, tendo en conta os terreos que se teñen que regar.
Descrición
Mide uns 236 metros de longo cunha anchura aproximada dun metro. Arranca do río Sar na zona de Cruceiro de Picaños e vai máis ou menos paralela ao río até desembocar no Muíño de Vilar. Está escavada na terra e puntualmente, na proximidade do muíño, reforzada con laxes de xisto. Ademais de levar auga a este, parten dela sucos que proporcionan auga aos prados próximos.