mainimg
Código: BS024
-
Auga
Localización

Zona verde

Parque Fluvial das Brañas de Sar

Barrio

Sar

Parroquia

San Fructuoso

Información

Tipoloxía

Canle

Historia

Os elementos de xestión da auga engloban todos aqueles elementos que servían para aproveitar a auga como recurso enerxético para os muíños e mazos e tamén para o regadío dos prados que fornecían de herba ao gando.

A corrente do río é represada para ser desviada e levada onde poida facer servizo. É importante ter en conta o nivel dependendo de se é necesaria para un muíño. Neste caso, canto mais altura adquira mellor, ou se é para regar, tendo en conta os terreos que se teñen que regar.

Descrición

Esta canle vai paralela ao río Sar a uns 40 metros de distancia e ten unha lonxitude duns 120 metros e unha sección media de 1 metro. Na actualidade parte de moi preto do Multiusos Fontes do Sar. Orixinariamente tomaba a auga do río na zona norte das Brañas de Sar dunha presa hoxe desaparecida. A canle vai escavada na terra e reforza con pedras os seus laterais na proximidade dos muíños dos Lavadoiros, aos que fornece de auga. Ten unha deriva para regar os prados circundantes mediante regos sachados na terra a intervalos duns 10 metros. A súa auga e a propia canle son aproveitadas para establecer un lavadoiro. Para cruzala conta cunha pontella de madeira situada a carón dos lavadoiros. Todo o conxunto está cuberto por un emparrado de vide.

Para cruzar a canle na proximidade dos muíños dos Lavadoiros están dispostas grandes laxes de granito que atopamos entre ambos os muíños e na parte de atrás do segundo. Este último ten a carón unha rústica escaleira de pedras empotradas no muro da canle que para acceder a ela pola marxe esquerda.

Fotos actuais


Ayúdenos a mejorar nuestra traducción de su idioma

Puedes cambiar cualquier texto haciendo click (presiona Enter después de hacer el cambio)