
Parroquia
San Fructuoso
Tipoloxía
Capela
Cronoloxía
1762
Historia
Unha capela é un pequeno edificio destinado ás practicas relixiosas da liturxia católica. Estes oratorios tamén existen noutras prácticas cristiás, como a anglicana ou a luterana.
Xeralmente é de menor tamaño que unha igrexa, pode consistir nun edificio independente ou estar construída no interior dunha igrexa, xeralmente anexa á nave maior. As capelas tamén poden aparecer formando parte doutros edificios como pazos, vilas, colexios, universidades, cárceres, conventos, cuarteis, castelos...
Antigamente as casas nobres, gremios e outras profesións liberais vinculábanse cunha das capelas existentes nunha igrexa, podendo formar en torno a ela unha confraría, que en moitas ocasións establecíanse fortes rivalidades entre elas.
A palabra capela provén do latín cappella, diminutivo de cappa (capa), e os clérigos que exercen nela o seu ministerio chámanse capeláns. Co termo capela desígnanse diferentes construcións: institucións eclesiásticas coma o cabido ou capítulo eclesiástico, educativas no caso do corpo equivalente nun colexio universitario, ou artísticas, especialmente no mundo da música, onde capela é o corpo de músicos dunha igrexa. Unha capela ardente é o túmulo que se levanta para celebrar as exequias.
O elemento básico desta edificación é o altar, elemento necesario para a celebración do culto e onde se sitúa a imaxe da súa advocación, normalmente nun retablo formado por pequenos piares ou columnas. É frecuente que conteña sepulcros dos donantes da capela.
Hai capelas famosas porque relaciónanse con elas a realización de milagres ou as aparicións de santos e virxes, polo que é frecuente que haxa romarías relacionadas con elas para conmemorar estes eventos.
Descrición
Capela feita entre os anos 1761 e 1762 sobre unha antiga ermida, construída a base de perpiaño granítico, con cuberta a dúas augas e remates en pináculos. Presenta planta de cruz latina cunha soa nave, cos brazos do cruceiro algo curtos. Os muros laterais exteriores aparecen enfuscados e pintados de branco.
A fachada principal é obra de Juan López Freire, e foi remodelada no segundo cuarto do século XIX. Nace sobre unha escalinata reformada recentemente.
A porta de acceso alintelada está flanqueada por pilastras acaroadas de gran porte. Máis arriba un van rectangular, un friso con tríglifos e métopas, e un frontón clásico triangular. O conxunto está rematado por nunha espadana de dous ocos.