
Parroquia
San Fructuoso
Tipoloxía
Capela
Cronoloxía
1149
Historia
Unha capela é un pequeno edificio destinado ás practicas relixiosas da liturxia católica. Estes oratorios tamén existen noutras prácticas cristiás, como a anglicana ou a luterana.
Xeralmente é de menor tamaño que unha igrexa, pode consistir nun edificio independente ou estar construída no interior dunha igrexa, xeralmente anexa á nave maior. As capelas tamén poden aparecer formando parte doutros edificios como pazos, vilas, colexios, universidades, cárceres, conventos, cuarteis, castelos...
Antigamente as casas nobres, gremios e outras profesións liberais vinculábanse cunha das capelas existentes nunha igrexa, podendo formar en torno a ela unha confraría, que en moitas ocasións establecíanse fortes rivalidades entre elas.
A palabra capela provén do latín cappella, diminutivo de cappa (capa), e os clérigos que exercen nela o seu ministerio chámanse capeláns. Co termo capela desígnanse diferentes construcións: institucións eclesiásticas coma o cabido ou capítulo eclesiástico, educativas no caso do corpo equivalente nun colexio universitario, ou artísticas, especialmente no mundo da música, onde capela é o corpo de músicos dunha igrexa. Unha capela ardente é o túmulo que se levanta para celebrar as exequias.
O elemento básico desta edificación é o altar, elemento necesario para a celebración do culto e onde se sitúa a imaxe da súa advocación, normalmente nun retablo formado por pequenos piares ou columnas. É frecuente que conteña sepulcros dos donantes da capela.
Hai capelas famosas porque relaciónanse con elas a realización de milagres ou as aparicións de santos e virxes, polo que é frecuente que haxa romarías relacionadas con elas para conmemorar estes eventos.
Descrición
Fundada en 1149, non conservando máis que a cruz antefixa que coroa o testeiro do campanario. O edificio actual é do primeiro terzo do século XX, promovido por Enrique Campos, párroco da Colexiata de Santa María a Real de Sar, e executado por Fernando Ragel e Jesús López de Rego en 1924. A igrexa foi consagrada en 1927. Planta rectangular con ábsida. Porta alintelada con vidreira sobre o que segue a liña dunha oxiva. A espadana é de carácter rexionalista, con dous arcos de medio punto e un óculo intermedio coroado pola cruz antefixa da antiga igrexa. Por enriba da liña apuntada da porta moldéase un notable semicírculo de arco cego de medio punto.
A reforma do Hospital de San Lázaro no ano 1882, tivo como consecuencia a construción dun novo templo, o que devolve á Capela de San Lázaro, fundada no ano 1149, á súa situación xunto ao Camiño Francés. O proxecto foi de estilo ecléctico, concibíndose como unha igrexa dunha soa nave, con presbiterio recto, lixeiramente elevado sobre o nivel do chan, sancristía posterior e porta lateral de acceso directo á nave, sostida por arcos apuntados. Estes e mailas súas bóvedas, realizadas en formigón armado, cargan sobre os seus contrafortes dispostos nos muros laterais.
En conxunto pódese definir como unha interpretación neogótica dun edificio relixioso, como o reflicten as grandes fiestras apuntadas que esguizan cada un dos tramos da nave e a forma, tamén apuntada da súa portada.