mainimg
Código: PR033
-
Patrimonio
Localización

Parroquia

Villestro

Información

Tipoloxía

Capela

Cronoloxía

1961

Historia

Unha capela é un pequeno edificio destinado ás practicas relixiosas da liturxia católica. Estes oratorios tamén existen noutras prácticas cristiás, como a anglicana ou a luterana.

Xeralmente é de menor tamaño que unha igrexa, pode consistir nun edificio independente ou estar construída no interior dunha igrexa, xeralmente anexa á nave maior. As capelas tamén poden aparecer formando parte doutros edificios como pazos, vilas, colexios, universidades, cárceres, conventos, cuarteis, castelos...

Antigamente as casas nobres, gremios e outras profesións liberais vinculábanse cunha das capelas existentes nunha igrexa, podendo formar en torno a ela unha confraría, que en moitas ocasións establecíanse fortes rivalidades entre elas.

A palabra capela provén do latín cappella, diminutivo de cappa (capa), e os clérigos que exercen nela o seu ministerio chámanse capeláns. Co termo capela desígnanse diferentes construcións: institucións eclesiásticas coma o cabido ou capítulo eclesiástico, educativas no caso do corpo equivalente nun colexio universitario, ou artísticas, especialmente no mundo da música, onde capela é o corpo de músicos dunha igrexa. Unha capela ardente é o túmulo que se levanta para celebrar as exequias.

O elemento básico desta edificación é o altar, elemento necesario para a celebración do culto e onde se sitúa a imaxe da súa advocación, normalmente nun retablo formado por pequenos piares ou columnas. É frecuente que conteña sepulcros dos donantes da capela.

Hai capelas famosas porque relaciónanse con elas a realización de milagres ou as aparicións de santos e virxes, polo que é frecuente que haxa romarías relacionadas con elas para conmemorar estes eventos.

Descrición

Na aldea de Roxos atopamos a pequena Capela de San Miguel. É unha capela que foi reconstruída en cemento perdendo así moito do seu valor artístico. Esta reconstrución foi consecuencia do traslado que a capela sufriu en 1961, por mor das obras de ampliación da estrada AC-543.

A igrexa ten planta rectangular con sancristía acaroada ao lado esquerdo. Os muros están pintados de branco e o teito vai a dúas augas. A fachada está feita a base perpiaños de granito de forma irregular, con porta alintelada que leva na parte de enriba un pequeno óculo con molduras. Remata con espadana de dous ocos con arcos de medio punto e con pináculos nos extremos, no cume desta, un edículo triangular con oco e rematado en cruz.

Fotos actuais


Fotos antigas


Ayúdenos a mejorar nuestra traducción de su idioma

Puedes cambiar cualquier texto haciendo click (presiona Enter después de hacer el cambio)